Two Women and a Man
Shtei Nashim Ve'Gever
- 17 minutos
O artista israelí Roee Rosen dedicou cerca de seis anos á personaxe da artista e pornógrafa xudeo-belga Justine Frank (1900-1943). Frank, famosa pola súa mestura de motivos xudaicos e erotismo explícito, estivo activa tanto entre os surrealistas franceses como, mais tarde, na comunidade xudaica na Palestina antes da creación de Israel, conseguindo provocar rabia e hostilidade en ambas escenas.
En 2002, a estudosa de Frank Joanna Führer-Ha'Sfari (o propio Rosen en drag e ca súa voz dobrada por unha muller) foi entrevistada para un programa de televisión sobre Roee Rosen polo Canal 2 de Israel, con motivo da publicación en hebraico de Sweet Sweat, o romance pornográfico que Frank escribiu en 1931, un volume que contiña tamén a súa biografía e un ensaio académico, ambos escritos por Rosen. Como rapidamente se tornou claro, Führer-Ha'Sfari era altamente antagónico en relación a Rosen, e apenas anacos da entrevista foron utilizados no programa.
Despois da morte de Führer-Ha'Sfari en 2005, Two Women and a Man supostamente presenta a entrevista completa pola primeira vez: unha muller falando sobre outra muller, Justine Frank, e un home, Roee Rosen. Führer-Ha'Sfari discute non só os aspectos provocadores do traballo de Frank, mais tamén un traballo anterior de Rosen, que aborda o nazismo e o holocausto e que provocou un escándalo cando foi exhibido en Israel. A división entre dúas personaxes falsas e o propio Rosen é usada para representar unha división moral de autoincriminación. O vídeo, baseado case enteiramente en imaxes retiradas da arte de Frank, tórnase literalmente inquieto, conducindo a unha secuencia animada. Two Women and a Man obtivo unha mención especial no Oberhausen Kurzfilmtage, 2006.
-
Intersección 2023
The Buried Alive Videos
Hilarious
Two Women and a Man
Doctor Cross
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:2005
- Países de produción: Israel
- Guión: Roee Rosen