Hilarious
- 21 minutos
Hilarious examina a posibilidade do humor sen humor, chistes disfuncionais e risa provocada cando non hai ningunha razón para rir. Hilarious presenta un monólogo televisivo de stand up dunha comediante, acompañada por unha pequena banda musical, actuando ao vivo perante unha audiencia en estudio. A comediante, interpretada pola actriz Hani Furstenberg, emprega todas as convencións e modalidades da stand up, tanto en termos de forma (chistes longos con remate, "zingers", palabras e xestos recorrentes, diálogo co público e con unha axudante, xestos corporais grotescos), como de contido (chistes sobre sexo e morte, humor étnico/racista, política, poder, catástrofe e crise). Se o humor é un mecanismo creado para lidar de formas particulares con temas perturbadores, ás veces prohibidos, este espectáculo pretende non só compensar estas estruturas a través do seu fracaso, mais tamén ofrecer unha manifestación diferente e perturbadora destes temas, expostos sen a máscara da risa, e da propia risa, despoxada da tentativa de racionalizala. Hilarious fai eco da reflexión e análise continuas sobre o modo cómico desde Os chistes e súa relación co inconsciente de Freud até os chistes pintados por Richard Prince; de feito, Hilarious utiliza ambos como fontes para os chistes que pretende destruír. Ademais, a obra está "marcada" pola actualidade: refírese a acontecementos que ocorreron no momento no que foi escrita (desde a crise financeira a algunhas das atrocidades da ocupación), conducindo a un chiste incriblemente longo ambientada no cumio dunha das torres xemelgas que están a piques de caer.
-
Intersección 2023
The Buried Alive Videos
Hilarious
Two Women and a Man
Doctor Cross
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:2010
- Países de produción: Israel
- Guión: Roee Rosen