
Tristes Tropiques
- 20 minutos
“Tristes tropiques é a séptima entrega dos meus estudos cinematográficos. Nun primeiro momento pretendía analizar a canteira que Rose Hobart (Joseph Cornell, c. 1936) deixara en East of Borneo (George Melford, 1931), isto é, recuperar as escenas non tocadas por Cornell para deste xeito entender tanto a historia que se agocha detrás de Rose Hobart como as escollas de Cornell: que decidiu incorporar na sua onírica peza, de que elementos prescindiu.
Finalmente, ante a imposibilidade de conseguir unha boa copia da película de Melford, o estudo centrouse directamente na obra de Cornell. O meu labor consistiu en reordear os planos e recuperar os diálogos pertinentes, para así podermos intuir a infantil e exotizante narración orixinal e comprender mellor os mecanismos empregados por Cornell na sua montaxe.
Os planos que Cornell tirou doutras fontes, e que xustifican o título alternativo The Eclipse, desaparecen na miña versión. No seu canto, mais respectando paradigma e duración, inclúo planos tirados da película antropolóxica Kopfjäger von Borneo (Victor von Plessen, 1936), contemporánea de Rose Hobart e cuxa etnografía pretendidamente científica é igual de cuestionable que a ficción de East of Borneo” (Alberte Pagán).
-
Desencadres
Rose Hobart
Tristes Tropiques
Bronwyn
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación e coloquio con Alberte Pagán. Entrada de balde.
- Ano:2023
- Países de produción: España
- Guión: Alberte Pagán
- Montaxe: Alberte Pagán