Les Antiquités de Rome
- 105 minutos
Na súa primeira longametraxe, Jean-Claude Rousseau propón unha travesía sensorial e sentimental por sete ruínas e varios cuartos de hotel da cidade de Roma. Motivos como o desdobramento, a escisión ou a imposibilidade de representar, desprázanse continuamente entre un rigoroso traballo formal e a vivencia dunha conversión.
Orientado pola estrutura bipartida de Les antiquités de Rome, do poeta Joachim du Bellay, Rousseau reuniu 42 bobinas filmadas ao longo de seis anos, dispoñéndoas en bloques que animan formas métricas (rimas, simetrías, elipses, diáforas). Os monumentos e os cuartos son encadradas segundo un principio de aplanamento, atraendo trampantollos e oclusións que baleiran toda interpretación literal ou representativa para potenciar a circulación dos motivos (plásticos, simbólicos, sentimentais) en correspondencias establecidas por unha imaxinación lírica.
-
Jean-Claude Rousseau. A luz reflectida a través das cousas
Venise n'existe pas
Keep in Touch
Jeune femme à sa fenêtre lisant une lettre
Les Antiquités de Rome
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.Sesión dobre, descanso 15 minutos. Presentación e coloquio con Jean-Claude Rousseau, Francisco Algarín e Carlos Saldaña. Entrada de balde.
- Ano:1989
- Países de produción: Francia
- Guión: Jean-Claude Rousseau
- Fotografía: Jean-Claude Rousseau
- Produtora(s): Rousseau Film Production