Bronwyn
- 33 minutos
“O monumental ciclo Bronwyn (Juan Eduardo Cirlot, 1967-1972) caeu nas miñas mans cando andaba barallando a posibilidade de facer un estudo cinematográfico sobre Rose Hobart (Joseph Cornell, 1936), que ía consistir na recuperación do East of Borneo (George Melford, 1931) orixinal mais deixando de lado os planos da actriz xa reutilizados por Cornell: a ganga como mercadoría. A medida que me adentraba na poesía de Cirlot, dedicada ao personaxe de Bronwyn (interpretada por Rosemary Forsyth) en The War Lord (Franklin J. Schaffner, 1965), foi tomando forma a idea de facer o meu particular “Rose Hobart” a partires da película de Schaffner. As diferencias coa obra de Cornell son grandes: a fascinación neste caso non é pola actriz, senón polo seu personaxe; e o arroubamento non parte de mín senón que ven mediado polo poeta Cirlot. O meu Bronwyn é menos estudo cinematográfico da obra de Schaffner que ilustración/interpretación do libro do poeta.
Bronwyn inclúe todos os planos e todas as (escasas) intervencións vocais do personaxe Bronwyn. The War Lord, baseada na peza The Lovers (Leslie Stevens, 1956), mitiga o personaxe feminino para centrarse, xá desde o título, en Chrysagon, o señor feudal. A minha Bronwyn pretende restituir a sua presenza. Algunhas secuencias están acompañadas polo Prometeu (1910) de Aleksandr Scriabin, poema sinfónico que tivo un impacto na vida de Cirlot comparable ao de The War Lord.
Cirlot non só escribiu o extenso ciclo Bronwyn senón que explicou e analizou en detalle a simboloxía proposta pola película e recollida nos seus poemarios. Se Bronwyn, que renace das augas, é a inversión de Ofélia (nas adaptacións de Grigori Kozintsev, 1964, e Laurence Olivier, 1948), Chrysagon é o ánti-Hamlet, que non renuncia ao seu amor mas perde a vida por el.
O seu amor? As imaxes de Schaffner non deixan dúbida: dúas escenas demostran que o auténtico amor na película é o que sente o escudeiro Bors polo seu señor. Esta revelación, que nun principio me negaba a rexistrar, cegado como estaba polo rostro de Bronwyn, acabou encontrando acomodo no meu estudo, malia ir en contra do propósito inicial de eliminar todos os planos que nom contasen coa presenza de Bronwyn, pola forza do seu significado” (Alberte Pagán).
-
Desencadres
Rose Hobart
Tristes Tropiques
Bronwyn
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación e coloquio con Alberte Pagán. Entrada de balde.
- Ano:2023
- Países de produción: España
- Guión: Alberte Pagán
- Montaxe: Alberte Pagán