Sonata de otoño
Höstsonaten
Ingrid Bergman, Liv Ullmann, Lena Nyman, Halvar Björk, Marianne Aminoff, Arne Bang-Hansen, Gunnar Björnstrand, Erland Josephson
- 99 minutos
Charlotte, reputada concertista, decide ir visitar a filla, tras anos sen vérense, á casa de campo onde vive coa familia. O afecto inicial vaise transformando en resentimento, ao tempo que saca a relucir vellos enfrontamentos entre as dúas mulleres.
-
-
-
Cineclube Valle-Inclán
Sonata de otoño
- Ano:1978
- Países de produción: Alemaña
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Sven Nykvist
- Montaxe: Sylvia Ingemarsson
- Produtora(s): Personafilm GmbH Munich
-
"El cine de Bergman llegaba al fondo de uno mismo"
Entrevista con Liv Ullman en El Mundo (por Conxa Rodríguez)
Secuencia do filme
Subtitulada en castelán
Images: My Life in Film
Ingmar Bergman
A idea de traballar con Ingrid Bergman era un vello desexo, mais non iniciou a historia. A última vez que a vira fora no festival de Cannes no pase de Gritos y susurros. Colárame unha carta no peto, na que me lembrabav a miña promesa de facermos un filme xuntos. [...] Escribín o guión de Sonata de otoño nunhas poucas semanas para poder sacar algo da manga se tiña algún sobresalto con El huevo de la serpiente. [...]
A filmación en si foi extenuante. Non é que tivese o que se poderían chamar dificultades na miña relación de traballo con Ingrid Bergman. Máis ben, existía unha sorte de barreira lingüística, nun sentido fondo. Comezando dende o primeiro día que lemos o guión xuntos para ensaiarmos no estudio, descubrín que ensaiara todo o seu papel fronte a un espello, con moitas entoacións e xestos moi autoconscientes. Estaba claro que tiña unha aproximación diferente á súa profesión da do resto de nós. Aínda vivía nos corenta.
Penso que posuía unha especie de inspirado sistema de traballo, por moi estraño que fose. A pesar dos seus mecanismos para recibir indicacións do director onde un non agardaba atopalas – e onde deberan estar – coido que debe ter sido receptiva ás suxestións de cando menos dous ou tres dos directores cos que traballara antes. Ao cabo, fixera un traballo excelente en varios filmes americanos. Nos filmes de Hitchcock, por exemplo, sempre está magnífica. Ela detéstao. Penso que con ela nunca dubidou en ser irrespectuoso e soberbio, o que evidentemente era xusto o método para facela escoitar.
Descubrín axiña nos ensaios que ser comprensivo e escoitala amablemente non funcionaba. No seu caso forceime a usar tácticas que normalmente rexeitaría, a primeira e primordialmente a agresión. Unha vez díxome: “Se non me dis como debo facer esta escena, douche unha labazada”. Iso máis ben gustoume.
Tirado da biografía de Ingmar Bergman, Images: My Life in Film, Bilder, (Norstedts Förlag, Estocolmo, 1990)