
The Second Journey (To Uluru)
- 74 minutos
“The Second Journey foi filmada dous anos máis tarde que At Urulu en condicións moi distintas. Todo estaba moi seco, os incendios de matogueiras queimaran ata a base da rocha. Esta vez estabamos máis interesados en rodar máis preto da superficie do monólito e tamén no interior das numerosas covas, coas súas antigas pinturas rupestres. Así mesmo, filmamos longas secuencias de amenceres no monólito desde diferentes posicións e, do mesmo xeito, saídas da lúa. Ao achegarse ao monolito un percátase do detalle das formas das covas, das texturas e das ondulacións da superficie, é como se a forma estivese cuberta por unha enorme saba de tea. Un erro de laboratorio no revelado do material tivo como resultado un aumento no contraste da imaxe, dun modo que suxería unha extensión metafórica da nosa experiencia alí: ‘as nosas dúbidas e ansiedades, a paisaxe queimada, as tormentas de po, a calor insoportable, o esmagamento das aspiracións indíxenas (polos dereitos á terra), o mal do turismo, a nosa desesperación pola brutalidade da nosa era’.”– Arthur e Corinne Cantrill.
-
Earth Message. Arthur e Corinne Cantrill e o cine de paisaxe
The Second Journey (To Uluru)
Presentación: Celeste Araújo, Oriol Sánchez
- Ano:1981
- Países de produción: Australia