
Ricos y extraños (Lo mejor es lo malo conocido)
Rich and Strange
Henry Kendall, Joan Barry, Percy Marmont, Betty Amann
- 83 minutos
Fred e Emily Hill parecían formar un matrimonio modélico, mais a percepción progresiva da falta de ilusión e incentivo amoroso, fai declinar a súa relación. Certo día reciben a notificación notarial de que van recibir unha importante suma de cartos. Deciden cumprir un vello soño, viaxar en cruceiro. “Trata no filme, sen utilizar para nada o arsenal policial, dun tema que lle é moi querido: a disgregación dunha parella. E nun rexistro que non lle gusta, o do sinalamento cómico dos estranxeiros. Hitchcock non é un fanático da lóxica e do real que non son para el máis que “compromisos”. Cada vez máis, sente que é un “formalista” no sentido máis nobre do termo. Non dubida xamais en sacrificalo todo á unidade de ton: construción, lóxica, verosimilitude. En Rich and strange lanza os seus dardos. O artista traballa sen o apoio da intriga policial coa que se ha protexer a miúdo a partir de agora” (Eric Rohmer e Claude Chabrol, Alfred Hitchcock).
-
-
Presentación do libro 'Alfred Hitchcock'
Ricos y extraños (Lo mejor es lo malo conocido)
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Entrada gratuíta.
- Ano:1931
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Alma Reville, Val Valentine, Alfred Hitchcock; Dale Collins (novela)
- Fotografía: John Cox, Charles Martin
- Montaxe: Winifred Cooper, Rene Marrison
- Produtora(s): British International Pictures