
Náufragos
Lifeboat
Tallulah Bankhead, John Hodiak, Walter Slezak , Mary Anderson
- 97 minutos
Durante a II Guerra Mundial, varios pasaxeiros náufragos encontran refuxio nun bote salvavidas. O grupo resultante é diverso: unha xornalista de moda, unha enfermeira das forzas femininas, un enxeñeiro de extrema esquerda, un criado negro, un industrial fascista e unha inglesa que leva o seu bebé morto no colo. As relaciones a bordo son complicadas e co refuxio no bote dun mariñeiro nazi poden adquirir tons de traxedia. “Gran parte do xenio de Hitchcock reside na súa habelencia para dar a volta ás nosas expectativas sen a axuda da trucaxe cinematográfica. Este filme anticipa a escena do fumigado das colleitas de North by Northwest (Con la muerte en los talones) mediante a imposición dunha estrutura claustrofóbica nun espazo aberto. As características do filme impiden realizar demasiados movementos de cámara. De aí que, por necesidade, Lifeboat se apoie, en gran medida, na profundización sobre os personaxes, con maior fortuna cando esta se afasta da dialéctica entre nazis e aliados” (Michael Tarantino, Take One)
- Ano:1944
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Jo Swerling, John Steinbeck
- Fotografía: Glen MacWilliams
- Montaxe: Dorothy Spencer
- Produtora(s): Twentieth Century Fox