
El jardín de la alegría
The Pleasure Garden
Virginia Valli, Camelita Geraghty, Miles Mander, John Stuart
- 74 minutos
Patsy Brand é a corista dun teatro londinense chamado The Pleasure Garden. Un día consegue un contrato para a súa amiga Jill, que axiña se converte na primeira figura do espectáculo desprezando a Patsy. “Malia o nome de Hitchcock non ser asociado cos thrillers durante algún tempo aínda, é significativo que a súa primeira película tratase o tema da loucura e o asasinato, dun xeito que presaxiaba os filmes que máis adiante realizaría. Curiosamente, cando Hitchcock mostrou rematada a película aos coprodutores, un dos alemáns queixouse de que a súa escena central era innecesariamente sórdida e brutal. Pola súa parte, Balcon comentou que The Pleasure Garden parecía máis unha película americana que unha coprodución británica-alemá, o que demostraba o moito que aprendera Hitchcock durante a súa aprendizaxe cos técnicos americanos de Famous Players-Lasky” (Gene D. Philips, Alfred Hitchcock).
- Ano:1925
- Países de produción: Alemaña, Reino Unido
- Guión: Eliot Stannard; Oliver Sandys (novela)
- Fotografía: Gaetano di Ventimiglia
- Produtora(s): Bavaria Film, Gainsborough Pictures, Gaetano di Ventimiglia