
Rebeca
Rebecca
Laurence Olivier, Joan Fontaine, George Sanders, Judith Anderson
- 130 minutos
En Montecarlo, o viúvo Maxim de Winter coñece unha tímida e sinxela ama de compañía. Namorados, casan, e tras a lúa de mel, regresan á mansión familiar de Manderley. É alí onde a nova señora de Winter constata que a casa é unha especie de santuario da primeira señora de Winter, Rebeca, que faleceu afogada. A devoción por Rebeca é extrema, en especial por parte da señora Danvers, a ama de chaves, que non tarda en sentirse afectada pola presenza da “intrusa”. “Con Rebeca, o ‘toque Hitchcock’, que era anteriormente simple risco, convértese en visión do mundo. A espontaneidade sométese a un sistema. É o momento crítico para un artista: trátase de non caer no tic, a manía exhibicionista. Mais Hitchcock evita estas trampas.” (Eric Rohmer e Claude Chabrol)
- Ano:1940
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Robert E. Sherwood, Joan Harrison, Daphne du Maurier (novela)
- Fotografía: George Barnes
- Montaxe: W. Donn Hayes
- Produtora(s): Selznick International Pictures