Oh Boy
Oh Boy
Tom Schilling, Marc Hosemann, Friederike Kempter, Justus von Dohnányi, Michael Gwisdek, Katharina Schüttler, Arnd Klawitter, Martin Brambach
- 86 minutos
A sorte semella que lle virou as costas a Niko Fischer, soñador duns trinta anos, antiheroe sen solución. A moza cansou de que ande a langranear, o pai trátao coma a un ninguén e o psicólogo acaba de declaralo emocionalmente inestable. Nin sequera pode conseguir, malia os seus repetidos intentos, unha mísera cunca de café coa que substituír ese alcol que antes afogaba os seus medos.
Talvez a esperanza de atopar, azarosamente, o seu sitio no mundo empúrrao ao vagabundeo por un Berlín en branco e negro a ritmo de jazz. Xamais vivirá Niko unhas vintecatro horas tan movidas, de lugar en lugar, de encontro en encontro, cada un máis pintoresco ca o anterior.
-
"Oh Boy": Me busco y no me encuentro
Crítica de Lluís Bonet Mojica en La Vanguardia
Tráiler do filme
Versión orixinal subtitulada.