
O que arde
Amador Arias, Benedicta Sánchez
- 85 minutos
Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, nunha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa nai Benedicta, a cadela Luna e as tres vacas. As vidas de ambos transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona. Premio en Cannes (Un Certain Regard), 2 premios Goya, 2 Gaudí, gañadora en Mar del Plata e a gran triunfadora dos últimos Mestre Mateo.
- Ano:2019
- Países de produción: España, Francia, Luxemburgo
- Guión: Oliver Laxe e Santiago Fillol
- Fotografía: Mauro Herce
- Montaxe: Cristóbal Fernández
- Produtora(s): Miramemira, 4 a 4 Productions, Tarantula, Kowalski Films