Not a Pretty Picture
Michele Manenti, Jim Carrington, Anne Mundstuk, John Fedinatz, Amy Wright, Stephen Laurier, Hal Studer
- 83 min.
En 1962, aos 16 años, a directora Martha Coolidge foi violada durante unha festa por un compañeiro de clase máis vello ca ela. Doce anos máis tarde, a cineasta examina esta agresión sexual vivida en carne propia e recrea as circunstancias que a rodearon cun grupo de actores nun escangallado loft de Nova York. Disposta a falar da súa agresión sen disimulos, Coolidge tamén sabe escoitar e permite ao seu elenco manter conversacións sinceras sobre a psicoloxía e a desequilibrada dinámica de poder inherente ao abuso sexual.
Unha película pioneira sobre a cultura do abuso e as consecuencias, que segue hoxe tan vixente coma daquela.
-
-
Close-Up: cine e perspectiva de xénero
MESA REDONDA: O RETO DA CRÍTICA
Not a Pretty Picture
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada gratis.
-
- Ano:1975
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Martha Coolidge
- Fotografía: Don Lenzer, Fred Murphy
- Montaxe: Suzanne Pettit, Martha Coolidge
-
La película que ya habló de la cultura de la violación hace 50 años: ‘Not a pretty picture’
Júlia Olmo (El País)
-
Crítica de 'Not a Pretty Picture': una película terrible y ejemplar sobre la cultura del abuso
Paula Arantzazu Ruiz (Cinemanía)
Tráiler de Not a Pretty Picture
Avance cinematográfico do filme
Sobre ‘Not a Pretty Picture’
Céline Sciamma (Berlinale 2023)
Ao enfrontarme á cuestión de elixir unha película entre o corpus do coming of age para a retrospectiva Young at Heart – Coming of Age at the Movies (Berlinale, 2023), dubidaba entre seleccionar unha película que me sacudise cando era adolescente ou unha película que me conmocionase sobre a adolescencia. Todo quedou claro cando elixín unha película que me tería gustado ver de adolescente. Tiña que ser Not a Pretty Picture, o debut como directora de Martha Coolidge. Ela produciuna en 1976, así que podería tela descuberto nos anos 90, na adolescencia, pero non me decatei da súa existencia ata 2019.
Oxalá tivese visto Not a Pretty Picture cando era adolescente, porque tería aprendido sobre a cultura do abuso e sobre a resistencia a esa cultura a través do uso innovador da linguaxe cinematográfica. E como iso fai unha gran película.
Not a Pretty Picture é sorprendentemente próxima ás narrativas contemporáneas e ás políticas reflexivas ao redor da mirada. Iso significa que contribuíu a inventalas todas. Alégrome de que por fin vaia a proxectarse na gran pantalla, como contribución decisiva ao cinema que é.