![La imagen permanente](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/la-imatge-permanent-01.jpeg?itok=gfmVvIqt)
La imagen permanente
La imatge permanent
María Luengo, Rosario Ortega, Saraida Llamas, Claudia Fimia, Mila Collado, Dolores Martínez.
- 94 min.
Nunha vila do sur, Antonia, unha nai adolescente, desaparece no medio da noite. Cincuenta anos máis tarde e moitos quilómetros ao norte, Carmen, unha directora de casting algo introvertida, debe encontrar persoas que conten os seus recordos tras cambiar de cidade. Durante a súa busca, Carmen coñece a Antonia, unha muller impulsiva que invade a súa soidade. Quen dixo que o tempo cura as feridas todas?
Trátase da primeira longametraxe da directora Laura Ferrés, premiada na Semana da Crítica do Festival de Cannes, os Goya e os Gaudí, polo seu curto documental Los desheredados. A película estreouse na competición do Festival de Locarno e no noso país tivo a súa estrea na sección oficial da Seminci (Semana Internacional de Cine de Valladolid), onde obtivo a Espiga de Oro á mellor película.
-
Olladas de muller 2024
La imagen permanente
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPPresentación e coloquio con Laura Ferrés. Entrada de balde
- Ano:2023
- Países de produción: España
- Guión: Laura Ferrés, Ulises Porra, Carlos Vermut
- Montaxe: Aina Calleja