Las cosas que decimos, las cosas que hacemos
Les choses qu'on dit, les choses qu'on fait
Camélia Jordana, Niels Schneider, Vincent Macaigne, Jenna Thiam, Émilie Dequenne, Guillaume Gouix, Julia Piaton, Jean-Baptiste Anoumon
- 121 min.
Vacacións na campiña francesa. Daphne, embarazada de tres meses, atópase soa para recibir a Maxime, o curmán do seu mozo François, quen tivo que marchar a París para cubrir a un compañeiro enfermo. Durante catro días, mentres esperan o regreso de François, Daphne e Maxime coñécense e comparten historias moi íntimas que os achegarán…
Composto de aventuras amorosas que se superpoñen e complementan, estes relatos, engarzados con minuciosidade de ourive, carentes de toda afectación e sempre estimulantes, responden a un hábil mecanismo que define a varios personaxes errantes encarnados por intérpretes en estado de graza. A película foi todo un fenómeno en Francia, onde cultivou as mellores críticas do ano, foi seleccionada co Label de Cannes de 2020 e gañou o Premio Lumière á Mellor Película.



