
Godland
Vanskabte Land
Ingvar Eggert Sigurdsson, Elliott Crosset Hove, Victoria Carmen Sonne
- 143 minutos
Terceira longametraxe do islandés Hlynur Pálmason. A película presentouse na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes, no Festival de Toronto e na pasada edición do Festival de San Sebastián, onde gañou o Premio Zabaltegi-Tabakalera. Despois de dirixir as reputadas Winter Brothers (2017), presentada na sección competitiva do Festival de Locarno, onde gañou catro premios, e no Festival de Sevilla, premio á fotografía; e Un blanco, blanco día (2019), presentada na Semana da Crítica de Cannes, Pálmason conta unha historia de finais do século XIX. Un mozo sacerdote dinamarqués chega a Islandia coa misión de construír unha igrexa e fotografar os seus habitantes. Mais, canto máis se interna naquela implacable paisaxe, máis se sume nas ansias da tentación e o pecado.
- Ano:2022
- Países de produción: Dinamarca, Francia, Islandia, Suecia
- Guión: Hylnur Pálmason
- Fotografía: Maria von Hausswolff
- Produtora(s): Snowglobe Films, Join Motion Pictures, Maneki Films, Garagefilm International, Film I Väst