Concepción Arenal. La visitadora de cárceles
Blanca Portillo, Mabel Rivera
- 89 minutos
Telefilme de produción galega ambientado no século XIX e arredor da vida da pensadora, activista, avogada e escritora galega Concepción Arenal (1820-1893). Nun contexto en que as execucións son aínda motivo de escarnio público e os presos carecen de todo dereito, Concepción Arenal é nomeada visitadora de cárceres de mulleres. É na prisión da Coruña onde comeza a súa loita por mellorar as condicións de vida dos presos e pór en marcha a reforma das institucións penitenciarias.
- Ano:2012
- Países de produción: España
- Guión: Laura Mañá, Rafa Russo
- Fotografía: Sergi Gallardo
- Produtora(s): Zenit TV, Distinto Films, TVG, Canal Sur, ICIC