Carmen de Bizet
Carmen
Julia Migenes, Plácido Domingo, Ruggero Raimondi, Faith Esham
- 155 min.
As tropas napoleónicas ocupan España ao redor de 1820. En Sevilla, a xitana Carmen enfeitiza o cabo don José, que acaba por desertar do exército e rexeitar o seu compromiso previo con Micaela para se lanzar aos brazos de Carmen. Pero cando o toureiro Escamillo comeza a rondala tamén, os celos de José impoñen terribles consecuencias.
Adaptación da última e influínte ópera de Georges Bizet. Dise que o francés nunca visitara España e que se baseou nas ilustracións de Gustave Doré para a ambientación. O cineasta Francesco Rosi decidiu partir das mesmas para a dirección de arte e o vestiario da súa película, indo rodar a varios dos lugares nos que o pintor se documentara. Filmada de xeito íntegro por Pasqualino De Santis en localizacións exteriores de Ronda (a praza de touros), Carmona (boa parte das secuencias do primeiro acto, para evocar unha Sevilla do pasado) e a propia capital andaluza; esta Carmen asombra polo seu equilibrio entre a épica operística e un realismo por momentos case documental.
A música foi interpretada pola Orquestra Nacional de Francia baixo a batuta de Lorin Maazel e no elenco principal figura a neoiorquina de orixe portorriqueña Julia Migenes como Carmen e o español Plácido Domingo como don José.
-
Fóra de serie: Amigos de la ópera 2025
Carmen de Bizet
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:1984
- Países de produción: Francia, Italia
- Guión: Henri Meilhac, Ludovic Halévy, Francesco Rosi, Tonino Guerra
- Fotografía: Pasqualino De Santis
- Montaxe: Ruggero Mastroianni
- Produtora(s): Triumph Films