Gallego
Manuel é un de tantos mozos galegos de principios de século que deciden emigrar a Cuba para seguir os pasos daqueles que, de cando en vez, chegan á aldea presumindo da súa boa situación. Na viaxe coñece un polisón co que traba amizade e co que sufrirá as súas primeiras penalidades. Unha vez en Cuba consegue colocarse como carboeiro até que Fabián, un paisano de Ponteareas, o emprega como repartidor. Fabián convértese no seu protector e tratarao como un fillo até a súa morte. Pasan os anos. Manuel decide regresar a Galicia e reunirse cos seus pero, xa na aldea, dáse cde onta de que aquela vida xa non é para el. Entón decide marchar a Madrid, onde o acolle Aniceto. Estala a guerra civil e, despois de loitar no bando republicano, acaba nun campo de concentración francés. Pero o seu amigo Aniceto non tarda en reclamalo desde A Habana, onde Manuel comezará a súa vida, casado cunha mulata e abrindo un bar con Aniceto como socio. Chegan as fillas e transcorre o tempo. Manuel asistirá á caída de Batista e ao triúnfo da revolución. Vivirá na illa até a súa morte, pero nunca esquecerá a súa terra de orixe.