
Frans van de Staak. Programa 2.
- 97 min.
Het bezoek
Frans van de Staak
Países Baixos, 1970, 20 min, 16 mm, neerlandés.
De onvoltooide tulp
Frans van de Staak
Países Baixos, 1980, 77 min, 16 mm, neerlandés.
En lugar de narracións ou temáticas, as películas de Frans van de Staak parten de estruturas que definen novas posibilidades de acción e de causalidade.
Het bezoek é a crónica da visita dunha moza a dous amigos. Unha serie de accións e diálogos banais estereotípicos son filmados varias veces, en días distintos, con variacións na posta en escena. Na montaxe, as distintas rodaxes altérnanse, permutando entre planos con distintos tons, temporalidades, comportamentos e significados.
A primeira longametraxe de van de Staak, De onvoltooide tulp consiste en vinte e oito diálogos, cada un interpretado por un actor e unha actriz non profesionais. A posta en escena e as interaccións, os desprazamentos e a xestualidade dos intérpretes varían radicalmente dun diálogo a outro, conformando unha especie de catálogo. Máis que conversas, os intercambios de frases, escritos por van de Staak, son dun realismo que resalta o absurdo e cómico da linguaxe.
-
Frans van de Staak. A palabra en arquipélago
Frans van de Staak. Programa 2.
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.
- Ano:1970, 1980
- Países de produción: Holanda