Florentina
- 21 min.
A provincia de Santa Fe en Arxentina é un lugar mítico da pedagoxía progresista infantil, principalmente por Olga Cossettini, creadora da escola serena ou escola activa, un espazo para o desenvolvemento dos nenos. A escola normal en Arxentina soubo ser un orgullo: espazo de “guardapolvos” brancos que igualan aos mozos de todas as clases, de educación de calidade e gratuíta, de mobilidade social ascendente, hoxe cada vez máis golpeada polo desfinanciamento. Dentro dese contexto, Florentina é unha película que pensa o modelo estético da Escuela Documental de Santa Fe como esa tensión do documental coa realidade. Non é un retrato de Florentina senón unha película baseada na existencia de Florentina Mugna, directora de escola rural, en colaboración con ela como actriz e como ideóloga dunha serie de ideas que a película percorre como abismos, ideas sobre todo á burocratización da vida cando esta se move “cara a adiante”. Unha película totalmente deconstruída, que fala sobre o retrato como forma de achegarse a alguén que participa á vez do documental e da ficción.
-
Luz no escuro: María Luisa Bemberg e Eva Landeck en compañía
Juguetes
El mundo de la mujer
Florentina
Documental
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación a cargo da programadora Lucía Salas. Entrada de balde.
- Ano:1969
- Países de produción: Argentina