Documental
- 12 min.
Documental é un traballo de Josefina Molina para a Escuela Oficial de Cinematografía. Retrata un lugar que xa non existe: o Centro Penal de Maternología y Puericultura do Cárcere de Ventas en Madrid, que sería pechado e desaloxado pouco tempo antes, en 1969, e as súas internas repartidas en varios centros e hospitais. É un rexistro sorprendente da vida e o traballo dentro do centro penal no que as internas viven xuntas cos seus fillos. Vese percorrendo corredores e cuartos a enfermeiras, médicos e oficiais do cárcere. Habitacións repletas de berces e camas, mulleres embarazadas indo a control, distintos espazos deste lugar de cativerio e crianza. Tamén se ve ás internas facendo eses labores “femininos” que supostamente as “redimirían”, como coser e tecer. Estraño e próximo retrato, custa imaxinar o milagre dunha estudante achegándose a algo tan delicado e tan duro como un cárcere feminino, fogar de mulleres pobres e presas políticas.
-
Luz no escuro: María Luisa Bemberg e Eva Landeck en compañía
Juguetes
El mundo de la mujer
Florentina
Documental
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación a cargo da programadora Lucía Salas. Entrada de balde.
- Ano:1964
- Países de produción: España