NORMAN MCLAREN (IV) 1952-1959
Norman McLaren, 1952-1959
- LAZOS (Loops) (1952)
Película experimental onde imaxe e son están debuxados directamente sobre a película. C, 3'.
- FANTASIA (A phantasy) (1952)
Animación abstracta sobre música sintética de Maurice Blackburn. C, 7'.
- VICINOS (Neighbours) (1952)
A historia de dous homes que chegan a matarse pola posesión dunha flor. C, 8'.
- DOUS INTERMEDIOS (Two bagatelles) (1953)
Entretimento visual no que os actores se moven coma monicreques. C, 2'.
- BLANKETY BLANK (Blankety Blank) (1955)
Exploración da animación intermitente utilizando o fenómeno da persistencia da imaxe na retina. C, 5'.
- RITMETICA (Rythmetic) (1956)
As cifras e os signos aritméticos bailan na pantalla. C, 8'.
- ERASE UNHA CADEIRA (A chairy tale) (1957)
Neste conto moderno unha cadeira rebélase contra o home. C, 10'.
- O MIRLO (Le merle) (1958)
Ilustración dunha canción popular do folclore canadiense. C, 4'.
- CORREO EN NADAL (Mail early for Christmas) (1959)
Película publicitaria sobre o servicio de correo durante o Nadal. C, 1'.
- PRESENTACION DE JACK PARR (Jack Parr credit titles) (1959)
Títulos de presentación do programa de televisión americano "O maravilloso mundo de Jack Parr". B/N, 3'.
- SERENAL (Serenal) (1959)
Imaxes abstractas movéndose ó ritmo dunha orquestra de Trinidade. C, 4'.
- SHORT AND SUITE (Short and suite) (1959)
Unhas liñas e formas estrañas móvense sobre unha música de jazz. C, 5'.