Estaba na casa, pero...
Ich war zuhause, aber
Maren Eggert, Jakob Lassalle
- 105 minutos
Astrid vive en Berlín a canda os dous fillos, Flo e Phillip. Tras a morte do seu home, un famoso director de teatro, tenta recompoñer a súa vida e superar a súa ausencia. Na intimidade, a familia libra unha loita cotiá onde as actividades máis simples se converten en retos inesperados: a compra dunha bicicleta, un baño na piscina ou unha representación escolar de Hamlet. O fráxil equilibro derrúbase cando Phillip foxe da casa...
A directora alemá Angela Schanelec fai gala do seu estilo elíptico e un elegante sentido do humor para crear o retrato indeleble dunha pequena comunidade que se enfronta aos interrogantes fundamentais da existencia. Premio á mellor dirección en Berlín 2019.
-
-
-
Cineclube Pontevedra
Estaba na casa, pero...
-
- Ano:2019
- Países de produción: Alemaña, Serbia
- Guión: Angela Schanelec
- Fotografía: Ivan Markovic
- Montaxe: Angela Schanelec
- Produtora(s): Nachmittagfilm, Dart Film & Video Doo