
Sesión II. Unha experimentación volta realidade
- 75 minutos
II
Ý BERÁ - AGUAS DE LUZ (Jessica Sarah Rinland, 2016, 16mm)
2019 (Jeff Zorrilla, 2019, 16 mm)
AULA MAGNA (Andrés Denegri, 2013, 16 mm)
TRES BOCETOS DE CASA (Azucena Losana, 2020, Super-8/16 mm a dixital)
REFLEJO NOCTURNO I-IV (Benjamín Ellenberger, 2019, 16 mm (a 18fps))
CARTA A LADY (Ariel Nahón, 2019, Super-8 a dixital)
CENIZA VERDE (Pablo Mazzolo, 2019, 35 mm)
DENKBILDER (Pablo Marín, 2013, HD)
Xoxo (Pablo Marín, 2013, HD)
DENKBILDER II (Pablo Marín, 2015, HD)
En contraste co que acontece noutros períodos históricos, as diferentes realidades que compoñen o arco temático da produción experimental recente arxentina superan todo intento por establecer un fío conductor claro e coherente. É así que o presente que transmiten estes filmes é un contexto que envolve, entre outros temas, os debates sobre os pobos orixinarios, a ecoloxía, o traballo e a identidade de xénero cun formalismo rigoroso e expansivo, indefinible na súa hibridez.
Do documental naturalista á abordaxe mitolóxica das especies, do diario íntimo á observación etnográfica, urbana ou non, e do autorretrato confesional ao ensaio de vernices históricos, as películas que integran esta sesión dedicada a cineastas actuais de Arxentina (mapa inestable que inclúe artistas procedentes de todas as partes do mundo) xiran arredor da cuestión de como o experimental pode dar conta do seu contexto histórico. Desde unha ollada moito máis caótica e plural que a observada nos filmes da xeración dos anos setenta –o outro gran pico de creatividade do experimentalismo arxentino– estes filmes dan conta dunha intención narrativa decidida, máis aló das súas tácticas elusivas de exploración cinematográfica: contar un mundo cada volta máis inintelixible.
-
Desencadres: Cine experimental arxentino
Sesión II. Unha experimentación volta realidade
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Presentación: Pablo Marín. Entrada de balde.
- Ano:2013-2020
- Países de produción: Argentina