Escándalo en París
A Scandal in Paris
George Sanders, Signe Hasso, Carole Landis, Akim Tamiroff
- 95 minutos
A vida dunha personalidade mítica, o ladrón que rematou como xefe da Seguridade francesa a comezos do século XIX, François Eugène Vidocq. Interpretado polo inigualable George Sanders, amigo persoal do cineasta, irónico e sutil coma o espírito do filme, tece un relato que vai contando a desenfadada progresión do personaxe, desde o cárcere ou o emprego no exército de Napoleón ata o posto de xefe de policía. Logo de non prosperar unha versión da vida de Cagliostro, Sirk filma este título de atmosfera surreal, denso e perspicaz, cheo de diálogos memorables, onde fai asomar algunhas das súas imaxes recorrentes, así coma os seus grandes temas, da identidade á forza do pasado.
- Ano:1946
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Ellis St. Joseph; autobiografia François Eugène Vidocq
- Fotografía: Guy Roe
- Produtora(s): United Artists