
El estado de las cosas
Der Stand der Dinge
Patrick Bauchau, Allen Garfield, Isabelle Weingarten, Geoffrey Carey, Jeffrey Kime, Arturo Semedo, Samuel Fuller, Francisco Baiao, Robert Kramer
- 101 minutos
Un equipo de cine roda en Portugal o remake dunha antiga produción de ciencia-ficción, mais os problemas sucédense. Primeiro acábanse os rolos de película, despois desaparece o produtor... O director desespera e cre que non poderá rematar o seu proxecto.
- Ano:1982
- Países de produción: Alemaña, España, Estados Unidos, Francia, Holanda, Portugal, Reino Unido
- Guión: Robert Kramer, Wim Wenders
- Fotografía: Henri Alekan, Fred Murphy, Martin Schafer
- Montaxe: Jon Neuburger, Peter Przygodda, Barbara von Weitershausen
- Produtora(s): Gray City, V.O. Filmes, Road Movies Filmproduktion
-
Wim Wenders: "Quizá sea el público el que nos aleja de la realidad"
Entrevista realizada por Diego Galán en El País sobre a presentación do filme en España.
Extracto do filme
Versión orixinal subtitulada.
Outra volta de torca
Íñigo Marzabal
En abril de 1980 interrómpese a rodaxe de El hombre de Chinatown. Ata novembro de 1981 non se ha continuar. Wenders volve a Europa e tenta adquirir os dereitos da novela do escritor suízo Max Frisch Yo no soy Stiller, sen conseguilo. Paralelamente, Raúl Ruiz, que se atopa filmando Le territoire en Sintra (Portugal), ten problemas financeiros para acabar o filme. Wenders ofrécese para levarlle a película virxe que lle falta. Chega a Sintra e, con parte do equipo técnico e con actores de Raúl Ruiz mais a súa propia equipa habitual, decide rodar unha película. Volta ao branco e negro e ao guión escrito sobre a marcha. O resultado de cinco semanas de rodaxe será El estado de las cosas. (…)
É certo que cabe concibir El estado de las cosas como unha alegoría do vivido por Wenders durante a realización de El hombre de Chinatown; como expresión do desencontro cun sistema que impón as súas condicións sobre os desexos do autor; coma o desengano de Wenders, o nómade, que crera poder atopar a súa casa en Hollywood; coma un axuste de contas con Coppola-produtor. Elementos hai na película que xustifican esta lectura.
Mais, alén desta “matriz autobiográfica”, o interesante do filme é ver como se expresa o gran conflito wendersiano que cifrara na oposición imaxes e historia, á luz desa experiencia en Hollywood. “Parafraseando o título dun célebre artigo de Bazin, poderíase dicir que o problema arredor do cal parece seguir movéndose o director alemán atinxe á posibilidade de ser ozu-fordiano” (Filippo d'Angelo). É dicir, a fascinación simultánea por unha ollada fenomenolóxica que respecte a continuidade espazo-temporal do real e por unha narración dinámica e elíptica que lle dea sentido. Dous momentos que xa o relato clásico pretendía unificar. Dunha banda, a dramatización simbólica e, por outra, a atención ao mundo representado. Esta proporcionaba sensación de realidade a aquela; aquela confería forma e sentido ao mundo. Segundo ven repetindo Wenders, esta unidade fracturouse.
El estado de las cosas fala desa fractura.
Marzabal, Íñigo, Wim Wenders, Cátedra, 1998, pp.210-212.