
El espíritu de la colmena
Fernando Fernán Gómez, Teresa Gimpera, Ana Torrent
- 98 minutos
Unha das estreas da longametraxe máis impresionante da historia do cinema a cargo dun Víctor Erice que xa dirixira unha das historias do filme colectivo Los desafíos (1969). A unha pequena vila de Castela chega o camión do cine. Trae Frankenstein, que ven as nenas Ana e Isabel. O pai Fernando traballa nunha colmea e a nai Teresa escribe unha carta a alguén descoñecido. A impresión que produce o filme de James Whale a Ana fai que a súa irmá máis vella lle diga que o monstro está vivo e permanece agochado na vila. Unha produción de Elías Querejeta que, desde o lirismo, o misterio e a sensibilidade, retrata tamén a sordidez dun tempo e establece os estilemas dunha traxectoria apaixonante ao ofrecernos unha das obras mestras da historia do cine, único título español na última listaxe de Sight&Sound. Concha de Oro en Donostia 1973.
- Ano:1973
- Países de produción: España
- Guión: Vítor Erice, Ángel Fernández-Santos
- Fotografía: Luis Cuadrado
- Montaxe: Pablo G. del Amo
- Produtora(s): Elías Querejeta P.C.