![El caso de Thelma Jordon](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/thelma.jpg?itok=N0h4nn-L)
El caso de Thelma Jordon
The File on Thelma Jordon
Barbara Stanwyck, Wendell Corey, Paul Kelly
- 100 minutos
Clive é o axudante do fiscal do distrito e abomina do seu sogro, un prestixioso xuíz, ao que lle debe o seu traballo. Unha noite, frustrado e bébedo, coñece unha muller, Thelma Jordon, coa que deseguida comezará unha relación. A morte violenta da tía de Thelma axitará todo o seu mundo. Disección amorosa con doses de melodrama xudicial, o último título noir estadounidense de Siodmak, asinado para a Paramount, aglutina como poucos boa parte das súas preocupacións temáticas, desde os lindeiros da paixón ata a duplicidade das aparencias, pasando polo equívoco dos sentimentos, a confortabilidade suicida dos corsés sociais ou a ruptura das convencións morais. Demostración palpable de que Barbara Stanwyck é unha das actrices máis impresionantes do cine clásico, a narración amosa as repeticións e variantes que o autor aplicaba no seu cine.
-
O cine negro de Robert Siodmak
El caso de Thelma Jordon
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
-
O cine negro de Robert Siodmak
El caso de Thelma Jordon
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:1950
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Ketti Frings, sobre unha historia de Marty Holland
- Fotografía: George Barnes
- Produtora(s): Wallis-Hazen para Paramount