El espejo de las tres caras
Olga Day, Suzy Pierson
- 45 min.
Un home mozo caerá namorado consecutivamente dunha muller rica inglesa, unha escultora rusa e unha rapaza de clase obeira moi enxenua.
-
Cine de vangardas: 1915-1947
El espejo de las tres caras
La cerillera
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio da Universidade
El espejo de las tres caras
La cerillera
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Escola Universitaria de Maxisterio
El espejo de las tres caras
La cerillera
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio Centro Cultural Cidade de Vigo
El espejo de las tres caras
La cerillera
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Teatro Principal
El espejo de las tres caras
La cerillera
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Salón de Actos da Biblioteca Pública
El espejo de las tres caras
La cerillera
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
- Ano:1927
- Países de produción: Francia
- Guión: Jean Epstein (Novela: Paul Morand)
- Fotografía: Marcel Eywinger
En catálogo do ciclo 'Cine de vangardas. 1915-1947' (1993)
Daniel Domínguez
Os filmes de Epstein representan a posta en escena (posta en montaxe/posta en ritmo) das súas propias teorías, do seu pensamento cinematográfico formalista. Movemento formalista, que iniciado por Delluc, Gance e Epstein, supón unha busca permanente dunha estrutura dramática reducida o sinxelo pretexto para traballa-la narración por medios expresivos puramente visuais: buscan unha estrutura rítmica significante de seu: o ritmo puro. Velaí o obxectivo do movemento cinematográfico da década dos anos vinte, calificado como cine de vangarda: a expresión rítmica das formas, o cinema puro.
En O espello das tres caras (1927), Epstein fusiona nunha aventura tres momentos da vida amorosa do protagonista, lanzado a unha carreira de automóbiles mortal sen sabelo. (...) A reflexión cinematográfica de Epstein deséñase baixo tres coordenadas: o cinema como referente cultural novo para os artistas da vangarda europea dos vinte; a busca dunha LINGUAXE AUTÓNOMA para o cinema; e a significación das formas. Para Epstein o cinema era unha experiencia próxima ó soño, baseada sobre o tempo, xeradora dun novo xeito de sentir e pensar, unha nova linguaxe poética que reinventou coa audacia dun pioneiro.
Escribía Epstein en "Bonjour, cinéma": "O que distingue ó cinema é que a través dos corpos e os obxectos se impresionan os pensamentos".