
Edipo e Techné
Pablo Rodríguez, Gonzalo Uriarte, Isabel Vázquez, Ánxela Avalo, Tavo Rodríguez.
- 10 min.
A reformulación do mito de Edipo á luz dunha nova era da tecnoloxía. A traxedia de Edipo revívese no presente, a través dun angustioso e escuro xogo de ciencia moderna e probabilidade.
Edipo e Techné nace na Coruña, coma eu, por casualidade. A Coruña sempre foi para min unha Cidade Mítica pola forma en que nacín. A miña nai veraneaba na Coruña e xa estaba de min nun estado moi avanzado. Vivía cerca da praia de Riazor e tódalas mañáns, cunha barriga enormemente fálica, a miña nai ía bañarse no mar. Naqueles anos non había refinería en Arteixo, A Coruña tiña trolebuses e aínda a cidade estaba chea de galerías. A miña nai sempre tiña o costume de meterse moi adentro no mar. Un deses días, cando a miña nai nadaba moi lonxe da praia, nacín eu. Eu traguei moita auga e miña nai sangraba como un atún na «almadraba». Salváronos uns pescadores do Gran Sol que pasaban por alí. (Ignacio Vilar)
- Ano:1996
- Países de produción: España
- Guión: Ignacio Vilar
- Fotografía: Ricky Morgade
- Montaxe: Mónica Galán
- Produtora(s): Non Si