¡Aproba!
Luis Tosar, Roberto Sánchez Luna, Alberto Tomé, Goldi, Fabián Barrio
- 10 min.
Unha historia que transcorre nas aulas dunha facultade da Universidade de Santiago: uns profesores con pinta de gangsters prepáranse para controlar a celebración dun examen.
Co gallo do V Centenario da Universidade de Santiago e do I Centenario do Cinema saíu ¡Aproba!. O seu xove director Alfonso Zarauza, por medio da productora cinematográfica Non Si, presentaba unha historia que transcorría nas aulas dunha das máis emblemáticas Facultades desta Universidade e ó mesmo tempo rendíase culto a un dos máis clásicos e inesquecibles xéneros cinematográficos, o cine negro e, un tanto surreal, os profesores da Facultade de Dereito ían ataviados con vestimentas máis típicas de Chicago nos anos 30 que do Santiago dos 90. No fondo tratábase de contar unha historia amena e sorprendente que, con estética de cómic e música cañera, tivese un final contundente.
- Ano:1995
- Países de produción: España
- Guión: Carlos Roma, Pablo I. Rendo, A. Arauza
- Fotografía: Ricky Morgade
- Montaxe: Fran Pego
- Produtora(s): Non Si, Universidade de Santiago