
Luces recorren mi garganta
- 20 min.
"Luces recorren mi garganta" é a primeira película para planetario creada por Lois Patiño en colaboración co artista sonoro Xabier Erkizia. A obra é froito das investigacións realizadas para o desenvolvemento dos filmes "El sembrador de estrellas" e "Samsara", e como estas tensa as posibilidades artísticas da combinación de sons e imaxes, un Toquio nocturno de arquitecturas imposíbeis, na procura dunha experiencia meditativa e onírica.
A sesión complétase coa proxección de "Prooímion" de Xabier Erkizia, que emprega unha sofisticada construción sonora para explorar a vertixe da fraxilidade humana ante a inmensidade da dimensión temporal da natureza e as súas forzas.
-
Lois Patiño: Marea
Luces recorren mi garganta
Versión lingüística:VOFormato:HDProxección no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña
- Ano:2022
- Países de produción: España