![Dead Man](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/dead_man.png?itok=Y2EQMni4)
Dead Man
Dead Man
Johnny Depp, Gary Farmer, Lance Henriksen, Michael Wincott, Crispin Glover, Iggy Pop, Robert Mitchum, Steve Buscemi, Alfred Molina, Gabriel Byrne, John Hurt, Mili Avital, Eugene Byrd, Billy Bob Thornton, Jared Harris
- 121 minutos
William Blake deixa o seu posto de contable en Cleveland para se trasladar á inhóspita cidade industrial de Machine, no Salvaxe Oeste. Mais alí sabe que o traballo que ía ocupar xa está a ser exercido polo fillo do director da empresa, quen mata á súa muller cando a descobre con Blake na cama. El, á súa vez, liquida o marido, así que pasa a ser un fuxitivo procurado pola lei.
- Ano:1995
- Países de produción: Alemaña, Estados Unidos, Xapón
- Guión: Jim Jarmusch
- Fotografía: Robby Müller
- Montaxe: Jay Rabinowitz
- Produtora(s): Pandora Filmproduktion, JVC Entertainment Networks, Newmarket Capital Group
-
“Un director que solo sabe de cine es un pésimo director”
Entrevista a Jim Jarmusch en Letras Libres por Mauricio González Lara.
Montaxe con música de Neil Young
Tema Dead Man mesturado con escenas do filme.
Viaxe á fin da noite
Sergi Sánchez
Dead Man é “o western que Andrei Tarkovski sempre quixo rodar”. É, por tanto, un western espiritual, abstracto e interior, un western do que poucos estaban preparados para gozar nun momento en que o xénero fora liquidado mesmo na súa vertente crepuscular; Clint Eastwood ocupouse persoalmente de asinar o seu certificado de defunción na magnífica Sin perdón (Unforgiven, 1992). “O western como xénero non me interesa”, sostén Jarmusch. “Por exemplo, non me gusta John Ford porque idealiza os seus personaxes e utiliza o western para reforzar algún tipo de código moral”. E prosegue: “Só me gusta porque proporciona un marco que pode chegar a ser alegórico”. O choque de culturas, presente en toda a obra de Jarmusch, toma en Dead Man unha nova forma, a consistente textura do discurso político. Non se trata de falar da América do melting pot, nin sequera de recordar e castigar o xenocidio indio como fixeron outros westerns “independentes” como Soldado azul (Blue Soldier, 1970, Ralph Nelson) ou Pequeño gran hombre (Little Big Man, 1970, Arthur Penn). Dead Man fala da América contemporánea partindo dunha convención clásica -o home culto e cultivado do Leste que viaxa ao Oeste para encontrar o seu futuro- co obxectivo de, pouco máis alá da súa hipnótica secuencia inicial, reducir as características xenéricas do western á súa esencia, a un esqueleto narrativo desdramatizado e desmitificado. Na súa excelente análise da película, Jonathan Rosenbaum define con diáfana puntería o sentido político de Dead Man: “É o primeiro western feito por un cineasta de raza branca que asume e se dirixe aos nativos norteamericanos, e que ofrece un dos máis desagradables retratos do capitalismo branco norteamericano que se pode encontrar no cine do noso país”.
“Nunca pasa nada”, por Sergi Sánchez, en Casas, Quim (coord.), Jim Jarmusch. Itinerarios al vacío, T&B Editores, 2003, pp. 25-26.