Peter y el dragón
Pete’s Dragon
- 102 minutos
Durante anos, o señor Meacham, un vello tallador de madeira, fascinou os nenos da rexión cos seus contos sobre un fero dragón que reside no máis fondo dos bosques do noroeste do Pacífico. Para a súa filla, Grace, que traballa como garda forestal, estas historias non son máis que contos para crianzas ata que coñece a Peter, un misterioso neno de 10 anos que non ten familia nin fogar e que asegura que vive no bosque cun xigante dragón verde chamado Eliott. Coa axuda dunha pícara chamada Natalie, Grace parte en busca de respostas que determinen de onde vén Peter, cal é o seu verdadeiro fogar e cal é a verdade sobre ese dragón.
Peter y el dragón é unha adaptación da versión musical de animación de Disney do ano 1977. Película de gran lirismo en que a natureza se impón como outro protagonista máis dunha película sobre a orfandade, a familia, a amizade, as historias, -o saber contalas e o saber escoitalas-, a fantasía, as emocións, a coraxe, as olladas e, en definitiva, todo aquilo que fai o cinema máxico.
*A partir dos 7 anos
- Ano:2016
- Países de produción: Estados Unidos