Cortar, coser e cantar: o refulxente cinema de Elena Duque
- 75 min.
Pequena escolma de cabeceiras (2016-2025) 4 min.
Unha escolma de cabeceiras animadas realizadas para festivais e institucións culturais como (S8) Mostra de Cinema Periférico, Filmadrid, Novos Cinemas, Filmoteca de Cataluña e Zumzeig.
Mountain Fires - The Mining Co. (2017). 3 min.
Videoclip.
I´m Not You Will - Los Jaguares de la Bahía. (2017). 3 min.
Videoclip.
Cómo hacer un fanzine (2010) 2 min.
Unha película educativa animada para aprender como facer un fanzine, unha publicación, libro, cómic ou revista feita por unha mesma.
Ñam. (2014). 2 min.
Capricho froital de animación precaria, ensalada de froitas en movemento espasmódico, con aparición estelar de muppets comestibles. Colaboración para o videofanzine La Piedra Blanca.
Postales. (2016). 3 min.
Unha serie de postais animadas de Galicia: as galerías brancas e os edificios da Coruña, a Mariña coruñesa e os seus barcos, ou o parque temático decimonónico ou Pasatempo en Betanzos.
La mar salada. (2014). 3 min.
“Nuestro amor es azul, como el mar, azul” (Christian Castro). Película sobre la mar salada (galega e sobre todo coruñesa), con popurrí de cancións mariñeiras (asturianas) da Coral Bajamar de Luanco recordadas “al vuelo”.
Pla y Cancela. (2017). 3 min.
Un fogar temporal alleo, aínda habitado polos rastros de quen pasaron alí unha vida. Un xogo animado coas luces, obxectos e pantasmas (locais e visitantes) dunha casa da rúa Pla y Cancela da Coruña.
Valdediós. (2019). 3 min.
En Valdediós construíu Gualterius un mosteiro no século XIII. En Valdediós hai un muro, hai un cabalo, hai un camiño, hai o universo enteiro.
Ojitos mentirosos. (2024). 6 min.
Mienten, mienten tus ojitos / miran, miran tan bonitos / y mi corazón se hace pedacitos. “Ojitos mentirosos”, Tropicalísimo Apache.
O trampantojo é un xénero de pintura que se apoia en “enganar ao ollo” de quen a contempla. Aquí, unha mostra de trampantojos madrileños: os que inventan fiestras e ceos inexistentes en muros da cidade, e os que fabrica a cámara de cinema.
Portales. (2025). 16 min.
Portales segue o curso do río Guadalete en Cádiz, España, desde a serra ata o mar: un catálogo de paisaxes que agochan outras paisaxes, unha colección de portais (e postais) interdimensionais que fusiona acción real e animación creando unha fauna e flora imposibles, outra historia e xeografía para un discreto curso de agua.
Curso de pintura rápida para principiantes. (2023). Performance. 25 min.
Aprenda como pintar en catro sinxelas leccións: “Para Sonia”, descubra a abstracción xeométrica e cor da man de Sonia Delaunay; “Naturaleza muerta”, domine o xénero máis versátil da pintura; “Pintura-Acción”, siga os pasos de Joan Mitchell (e non tanto os de Pollock), e “Retrato sentado”, como pintar un retrato cubista por fin ao seu alcance.
-
Cortar, coser e cantar: o refulxente cinema de Elena Duque
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Presentación e coloquio: Elena Duque. Modera: Ángel Rueda.
- Ano:2010-2025
- Países de produción: España