A caverna dos soños
Correa Corredoira, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xavier Seoane, Ánxeles Penas, Xulio Correa, Eva Veiga
- 38 min.
Documental que trata sobre a figura de Correa Corredoira, un pintor notable, nacido na Coruña e que desenvolve o seu traballo desde os anos 80. Creador do grupo Orzán e membro destacado do grupo Atlántica, ten un universo propio que expresa a través da pintura, a escultura e o gravado. No documental acudimos ao seu estudio, preguntámoslle sobre todos os temas do seu interese e observamos o seu proceso creativo, en que nos mostra a súa personalidade. Tamén destaca a súa obra poética. O documental compleméntase coa intervención de sinalados intelectuais do panorama galego, que falan da súa obra e a súa experiencia vital.
- Ano:2024
- Países de produción: España
- Guión: JERL
- Fotografía: Javi SeGa
- Produtora(s): BLACK BOX CINEMA