A batalla descoñecida
A batalla descoñecida
- 70 minutos
Hai un episodio histórico agochado ata hoxe en día, o da batalla do volframio que libraron os Aliados contra España durante a Segunda Guerra Mundial. Todo por un mineral estratéxico, o volframio, que o réxime franquista permitiu extraer aos nazis para o seu armamento.
Xa é hora de que certos segredos e nomes saian á luz. (Agencia Freak)
-
-
Cineclube Lumière
A batalla descoñecida
-
Cineclube Valle-Inclán
A batalla descoñecida
A batalla descoñecida
Adrián Ares
Corría o mes de xaneiro de 1944, os Aliados, dispostos a pór fin á ocupación nazi de Europa, procuran o xeito de debilitar as tropas de Hitler, que dende o comezo da contenda endurecen as súas armas cun mineral extraído directamente das concas do norte de España, o volframio.
Exactamente seis meses antes de pór en marcha o que o mundo coñece agora coma «o día D», o desembarco en Normandía o 6 de xuño de 1944, os líderes aliados mandan un ultimato a Francisco Franco: ou deixa de vender volframio aos nazis ou a partir de entón será considerado un inimigo de guerra máis.
É esta disputa, tan descoñecida na historia de España, a que levou á gran pantalla en forma de documental a cineasta galega Paula Cons na súa obra A batalla descoñecida (…).
«Se chega a ser polo presidente estadounidense Franklin D. Roosevelt, as tropas aliadas invadirían España», manifesta tallante a directora do documental, quen explica que foi a postura máis «moderada» do primeiro ministro británico, Winston Churchill, a que impediu que o réxime de Franco fose considerado un inimigo máis na Segunda Guerra Mundial e que a disputa finalizase co peche das exportacións do mineral.
(...) os habitantes das zonas rurais de Galicia utilizábano para «levantar pequenos muros entre as hortas, non valía nada para eles».
Mais foron as súas propiedades de endurecemento dos materiais bélicos as que chamaron a atención aos nazis, quen, obrigados a buscar outras explotacións debido ao peche dos mercados chineses, destaparon nas cuncas mineiras do norte peninsular unha verdadeira «febre do volframio».
Os cartos chegaban rápido. Entre as historias que aínda perduran nestas zonas illadas galegas e recollidas no documental está a de «aquel señoriño que prendía os cigarros con billetes de mil pesetas» ou «as colas que montaba a xente do lugar para acceder aos hórreos cheos de prostitutas».
Pola súa banda, a directora asegura que historicamente se aceptou que España mantivo unha «neutralidade» na contenda, cando é máis «apropiado» falar de «non belixerancia», aínda que ese termo pode quedar ata «desfasado», pois sucesos como esta venda activa de materias primas para a guerra aos nazis evidencian que a implicación de España foi «maior da que ata o de agora sabiamos». (…) (Adrián Arias, EFE)