
Eo
Sandra Drzymalska, Lorenzo Zurzolo, Isabelle Huppert
- 88 minutos
O mundo é un lugar misterioso, sobre todo visto a través dos ollos dun animal. No seu camiño EO, un asno gris de ollos melancólicos, topa con boa xente e outra non tan boa, coñece a alegría e a pena, e a roda da fortuna transforma, conforme o momento, a súa boa sorte en desastre, e a súa desgraza en felicidade inesperada. Mais nunca, en momento ningún, ha perder a inocencia.
- Ano:2022
- Países de produción: Italia, Polonia
- Guión: Jerzy Skolimowski, Eva Piaskowska
- Fotografía: Michal Dymek
- Produtora(s): Skopia Film, Alia Film