The Bad and the Beautiful
- 34 min.
Nove rolos de película montados en cámara, cada un dedicado ao retrato dunha parella, nun rexistro espontáneo que en ocasións roza o satírico. A maioría están filmados nos apartamentos onde viven, mentres conversan, descansan, xogan, se abrazan ou interactúan con obxectos da súa contorna cotiá; unha parella é filmada nun parque neoiorquino e outra nunha excursión ao campo. Cada retrato vén acompañado dunha canción distinta.
Música: The Swingin’ Medallions («Double Shot Of My Baby’s Love»), Martha & the Vandellas («Love Makes Me Do Foolish Things»), The Ronnettes («Walking In the Rain»), The Exciters («Tell Him»), Betty Everett («The Shoop Shoop Song»), Jackie Wilson («Your Love Keeps Lifting Me Higher and Higher»), The Chiffons («Sweet Talkin’ Guy»), The Temptations («My Girl»), The Supremes («You Can’t Hurry Love»).
-
Ponte aérea: o cine de Warren Sonbert
Honor and Obey
The Bad and the Beautiful
Divided Loyalties
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Presenta: Carlos Saldaña.
- Ano:1967
- Países de produción: Estados Unidos