Atraco perfecto
The Killing
Sterling Hayden, Coleen Gray, Vince Edwards, Jay C. Flippen, Marie Windsor, Ted de Corsia, Elisha Cook Jr., Joe Sawyer, Timothy Carey, Jay Adler, Joe Turkel, Kola Kwariani, James Edwards, Tito Vuolo, Cecil Elliott, Dorothy Adams, Herbert Ellis
- 84 minutos
Tras pasar polo cárcere, Johnny Clay pretende dar un último golpe e fuxir coa súa amada Fay. Pon en marcha un plan para roubar no hipódromo, causa un altercado na sala de apostas e mata o cabalo favorito da sétima carreira. Todo sae segundo o previsto, mais os problemas comezan cando chega a hora de partillar o botín entre os colaboradores.
Unha das primeiras películas de Kubrick en Hollywood, que lle permitiu saltar á fama, e cuxo financiamento foi posible grazas á participación de Sterling Hayden como protagonista.
- Ano:1956
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Stanley Kubrick
- Fotografía: Lucien Ballard
- Montaxe: Betty Steinberg
- Produtora(s): Harris-Kubrick Productions
-
Stanley Kubrick: 'Atraco perfecto'
Crítica da película por Alberto Abuín (Espinof).
-
“Probablemente una de las más formidables imágenes del fracaso jamás filmadas”
Crítica de David Vericat en Cinema Esencial.
Trailer orixinal do filme
Versión orixinal sen subtítulos
“La jungla de asfalto”, un aparente punto de partida
Christian Aguilera
Existe un evidente punto de conexión entre Atraco perfecto e La jungla de asfalto. Mais tan só hai un nexo, a nivel do substrato argumental, ademais do protagonista, Sterling Hayden. Nin sequera os autores das novelas que serviron de base a senllos filmes –Lionel White e William R. Burnett– se inscriben dentro dunha mesma corrente noir. Burnett cultivara a súa reputación no denominado subxénero crook-ups –centrado na figura do delincuente–, xunto con Donald Henderson Clarke, Maurice Coon ou Charles Francis Coe. As súas novelas atinxen máis un sentido alegórico onde se advirte unha crecente atención polas conexións entre a corrupción que se hospeda nos distintos estamentos da sociedade (policial, xurídico, político). Resulta máis patente a influencia de Burnett en Odds Against Tomorrow de William Peter McGivern –e, xa que logo, a súa adaptación cinematográfica presentada por Robert Wise con idéntico título– que en Lionel White. Emporiso, as diferenzas fanse máis ostensibles no plano técnico, que dalgunha maneira distinguen a Atraco perfecto coma un filme con entidade propia. En primeiro lugar, John Huston e o seu operador Harold Rosson planifican as escenas cunha propensión a utilizar primeiros planos –sobre todo no tramo final da fuxida de Dix Handley (Sterling Hayden) coa súa compañeira Doll (Jean Hagen)–. É unha forma de emprazar a cámara que non aprobaría Max Ophüls, e por tanto, un dos seus máximos admiradores, Kubrick. Tampouco no emprego da música se establece relación entre ambos os dous filmes. Practicamente, John Huston concentra a presenza da banda sonora composta por Miklós Rózsa no prólogo –unha cidade neoiorquina semideserta que descobre un “pistoleiro” acosado pola policía– e no epílogo –o momento en que Dix se dirixe a Hickory Wood, unha propiedade cabalar en Kentuckey–. O resto da metraxe está concibida sen ningún fondo musical. Neste sentido, La jungla de asfalto conserva a mesma estrutura dos filmes negros dos anos trinta, acaso porque Huston proviña do campo da escritura de guións ao servizo da Warner, e o seu coñecemento da música cinematográfica limitábase ata daquela aos mínimos esixidos para un director. Hai outros elementos que amosan o carácter dispar entre Atraco perfecto e La jungla de asfalto. Ao final alegórico de La jungla de asfalto contraponse a conclusión en Atraco perfecto presidida polo azar. Un aspecto que, se cabe, emparéntaa cun filme previo de John Huston, El tesoro de Sierra Madre (1947), que se encontra entre os predilectos de Kubrick. En Atraco perfecto todo o golpe está articulado como se se tratase dun mecanismo de reloxería, que desencadea nun feito fortuíto –a presenza dun can na pista de engalaxe do aeroporto–, o único elemento de distorsión, mentres en La jungla de asfalto a falta de precisión e a celeridade coa que se comete a zapa conduce a unha serie de fatalidades. En contrapartida, na miña opinión, unha das poucas analoxías que se establece entre Huston e Kubrick é a maneira de debuxar uns “perdedores” – independentemente do cargo que ocupen– e sobre todo no perfil dos personaxes interpretados por Hayden, o dun escéptico, duro e desarraigado tipo que non desexa vincularse a nada nin a ninguén.
Aguilera, Christian, Stanley Kubrick. Una odisea creativa, Dirigido por, 1999, pp. 46-48.