
F for Fake / Fraude (+Lluvia)
Orson Welles, 1973 (+Eugenio Granell, 1961)
88'. DCP / Vídeo. Subt.castelán.
F FOR FAKE / QUESTION MARK / FRAUDE
(Irán-Alemaña-Francia, 1973)
Dirección e guión: Orson Welles. Fotografía: Christian Odasso e Gary Graver. Produción: Les Films de l’Astrophore, SACI e Janus Film und Fersehen. Duración: 88 minutos.
Malia a súa carreira presentar en aparencia unha sucesión de proxectos aos que Orson Welles non daba termo, o xenio de Ciudadano Kane non perdera un ápice do seu talento. Filme seminal na historia de cine, é un dos primeiros ensaios fílmicos con conciencia de tal. O Welles mago, comediante, farsante e mesturador de elementos casan neste relato que a partir da figura do pintor falsificador Elmyr de Hory, constrúe un vertixinoso e frutífero documento sobre a esencia da arte e o relativismo da verdade e a mentira polo que pasean personaxes tan variadas como Oja Kodar, Picasso (ten un memorable segmento), Clifford Irving ou Howard Hughes. A sesión inclúe a curtametraxe pintada sobre celuloide Lluvia (1961) de Eugenio Granell.