El último
Friedrich Wilhelm Murnau, 1924
81’. Subt. Galego. Acompañamento musical a cargo do pianista Javier Pérez Castro.
DER LETZTE MANN / EL ÚLTIMO (Alemaña, 1924) Dirección: Friedrich Wilhelm Murnau. Guión: Carl Mayer. Produción: UFA. Fotografía: Karl Freund. Intérpretes: Emil Jannings, Maly Delschaft. Duración: 81 minutos. Un veterano e orgulloso porteiro de hotel ve o declinar do seu oficio. Logo dun contratempo, cámbianlle o seu posto por un máis descansado, garda dos sotos do hotel. Avergonzado, rouba un uniforme de porteiro todos os días e volve a casa con el. Pero un día, unha amiga descobre o engano e faise público no barrio. Fazaña de Murnau, que chegou a eliminar os intertítulos cun despregamento de suntuosos e complexos desprazamentos de cámara, emprego da montaxe de contrastes, imaxes simbólicas e metáforas visuais, convertendo este filme nunha gozosa experiencia e un dos grandes títulos da Historia do cine.