![EL ENCARGO DEL CAZADOR](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_634.jpg?itok=TUC9tKwl)
EL ENCARGO DEL CAZADOR
Joaquim Jordà, 1990
100´.
EL ENCARGO DEL CAZADOR (España, 1990) Dirección e guión: Joaquín Jordá. Produtor: Joan Martí, José Icard. Produción: Institut del Cinema Catalá e TVE. Fotografía: Carles Gusi. Duración: 100 minutos. Sorprendente traballo realizado para TVE que tarda 8 anos en estrearse, configurándose á vez como conto de terror, novela familiar e rito de exorcización, unha arrepiante disección da historia recente, das súas estruturas e da súa xeración a través do retrato dun creador autodestrutivo e versátil, Jacinto Esteva, pintor, mecenas, aventureiro e cineasta que codirixira a primeira película de Jordá.