
EL CIELO GIRA
Mercedes Álvarez, 2004.
114´. Presentación de Mercedes Álvarez.
EL CIELO GIRA
(España, 2004)
Dirección: Mercedes Álvarez. Guión: Mercedes Álvarez e Arturo Redín. Produción: José María Lara P.C. e Alokatu S.L. Fotografía: Alberto Rodríguez. Duración: 114 minutos.
Cheo de vestixios do pasado, unha vila de Soria, Aldeaseñor, extínguese. Só quedan catorce habitantes, todos pertencentes a unha última e definitiva xeración. Os traballos dos veciños e os do pintor Pello Azketa transcorren en paralelo: as cousas comezan a desaparecer diante deles. A última rapaza nada na vila, a directora Mercedes Álvarez, é testemuña desa silenciosa desaparición. Premiada en Róterdan e no BAFICI de Bos Aires, atopámonos ante unha das películas máis emotivas e sorprendentes do cinema contemporáneo.