
The Roman Numeral Series I-IX
The Roman Numeral Series I-IX
- 51 minutos
THE ROMAN NUMERAL SERIES está dedicada a Don Yannacito.
Así comeza unha nova serie de películas que ordinariamente recibirían o apelativo de "abstractas", "non-obxectivas", "non-representacionais" etc. Non podo tolerar ningún deses termos e, de feito, tiven que loitar contra todos os conceptos históricos desa caste para proceder co meu traballo. No proceso creativo, o son "imagnóstico" non deixaba de soar na miña cabeza. Semella estar de a cabalo entre o latín e o grego; mais o dicionario elemental de latín de Charlton T. Lewis dáme (vía Guy Davenport) "imaxe"... sánscrito = AIC = "como", GNOSIS "coñecemento", GNOSTIC = AGNOSCO = "recoñecer/coñecer" e o máis feliz IMAGINOUSUS "cheo de desexos"/"fantasías", ilustrado polo uso singular de Catullus (quizais creación do termo?) na frase: "A súa mente solidamente chea de desexos por unha rapariga". (Stan Brakhage)
___
Retrato de Stan Brakhage por Kai Sibley (cortesía de Marilyn Brakhage).
- Ano:1981
- Países de produción: Estados Unidos