
The Cat of the Worm's Green Realm
The Cat of the Worm's Green Realm
- 17 minutos
Escintileos de cor rompen en correntes de luz, follas, po de madeira e prismas impresos na vexetación.
Unha lúa ascende este escuro tecido para ser substituída por follas outonais contra un granuloso ceo, un fero ceo.
A lúa, de novo, atrapada entre nubes. Os movementos, a luz luar, dunha gata. Vexetación e escintileos tonais (unha sorte de "luz fantasmal" en medio de fotografía microscópica de follas e pólas pequenas).
Unha gata gris lámbese, coa chapa que contén o seu nome reflectida en refraccións do obxectivo no medio de visións microscópicas de xeo e neve, follas outonais, follas verdes, unha distante escena verde cuberta de neve.
Unha gata negra senta rapidamente nun verde pasto. Unha noite de formas esteladas na escuridade repousa nun novo día outra vez... e outra vez, unha luz de forma octogonal que “ecoa” de entre a chapa da gata co seu nome; agora, flores de cores nun primeirísimo primeiro plano, mesturadas co sol a certa distancia. De novo unha "noite" de escura chuvia, un "amencer" de rosas e amarelos co crecemento dunha planta en primeiro plano.
Unha sorte de xentil “mediodía” amarelo prevalece, no que xorde e rexorde o verme laranxa dobrándose, arqueándose, virándose. Un fosforescente laranxa de follas detona de entre os verdes e negros buracos apropiados á imaxe do verme.
Escintileos de soles, no medio de vibrantes ceos azuis con impresións amarelas e verdes... sempre as formas de moitas variedades de follaxe se mesturan cunha choiva auténtica ou golpe de tons en xeral, un lume de formas, un foto-negativo do verme con cores brillando, e o ton das ramaxes finais do outono, cun ceo penetrado polo sol, raios de sol e prismas con forma octogonal ad infinitum.
(Stan Brakhage)
___
Retrato de Stan Brakhage por Kai Sibley (cortesía de Marilyn Brakhage).
- Ano:1997
- Países de produción: Estados Unidos