El boxeador (+Las relaciones con mi mujer)
Buster Keaton, 1926
104'. DCP: Subt. castelán.
BATTLING BUTLER / EL BOXEADOR
(Estados Unidos, 1926)
Dirección: Buster Keaton. Guión: Paul Gerad Smith, Ballard MacDonald, Albert Boasberg, Lex Neal e Charles Smith, sobre a peza teatral homónima. Produción: Buster Keaton Productions. Fotografía: Dev Jennings e Bert Haines. Intérpretes: Buster Keaton, Sally O’Neil. Duración: 74 minutos.
Un mozo adiñeirado segue os consellos do pai e decide levar unha vida humilde no campo. Pero unha vez alí, comeza a traizoar o espírito campestre e leva unha vida inactiva, acomodada e fachendosa. Ao tempo que se namora dunha rapaza, o mordomo faino pasar por un campión de boxeo, Battling Butler. De narrativa áxil, números cómicos sutís e formas tiradas do melodrama, un dos filmes máis sorprendentes de Keaton. A sesión inclúe a curtametraxe de 30 minutos My Wife’s Relations/ Las relaciones con mi mujer [La costilla de Pamplinas] (1922) de Buster Keaton e Eddie Cline.
-
-
-
Buster Keaton
El boxeador (+Las relaciones con mi mujer)
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Proxección tamén de Cops (1922).
-
Buster Keaton
El boxeador (+Las relaciones con mi mujer)
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Proxección tamén de Cops (1922).