Seixa
Lola Castro, Alberto Vilanova, Aser Rei, Alex Ramos, Ruth Díaz, Suso Díaz, Míriam Gallego, Rosa Veiga
- 50 min.
Seixa é un pesadelo visual; a historia de amor/odio entre unha estrela de folk-rock, que tras catro anos de xira regresa ás súas raices (Galicia), e o seu antigo noivo e pigmalion Axil, un artista de circo reconvertido en presidente dunha fundación cultural implicada no blanqueo de diñeiro e no tráfico de drogas.
Seixa é unha broma pesada. É o pesadelo dunha cantante de folk-rock da caste de Sinnèad O Connor, pois tamén racha fotos dun Papa de Roma que vai de xira por Europa. Á cantante dálle a tolada de tornar a Galicia despois dunha longa xira europea, contando que as cousas cambiaron. De volta na terra, péganlle todos. Pégalle o noivo e pégalle o país. O soño Nescafé do retorno queda esfarelado. O multi-instrumentista que sempre a acompaña -Palleta- non estaba por tornar a Galicia porque nunca se atopaba a gusto en casa. Palleta, desacougado polo retorno, métese no pico. Seixa volve co seu antigo noivo, pero non sabe del que agora manexa unha Fundación cultural para a promoción da música galega que non é máis ca unha tapadeira para branquexar diñeiro do narcotráfico. O narcotraficante, obsesionado pola antiga ruptura, fai por recupera-lo afecto da cantante e conta de lle vende-la moto do éxito. Seixa é unha mediametraxe chea de defectos especiais, violencia soterrada gran reserva, vestiario de Springfield, Zara, Lévi-Strauss e decorados de Todo a Cien e Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente. Filmada de marzo do 96 a marzo do 97 (a un promedio de dúas tomas por día). (Manuel Outeiriño)
- Ano:1997
- Países de produción: España
- Guión: Alberto Vilanova, Álex Ramos
- Fotografía: Anxo Barreiros, Aser Orban
- Produtora(s): TV 7, Escornabois Produccións
Entrevista de Seixa ó seu creador
Seixa